Sábado 15 de Decembro de 2018

Lectura Poética no Día de Rosalía


Moitos veciños acudiron á praza do Concello con motivo da lectura poética coa que se conmemorou o Día de Rosalía. Entre os que se animaron a ler un poema da escritora figuraron o alcalde Manuel Ruiz e o concelleiro polo BNG Luis Pérez Barral.

Previamente tivo lugar tamén outra conmemoración: a do Día da Lingua Materna cun contacontos para bebés na biblioteca na que asistiron moitos pequenos acompañados dos seus pais. Actuou Raquel Queizás coa función “O xogo de Nano”.