Sábado 15 de Decembro de 2018

Vinte e seis persoas do Centro de Educación Especial AMICOS de Ribeira visitan o Museo das Minas de San Finx


Un total de 26 persoas do Centro de Educación Especial AMICOS (Asociación de familias para a atención e integración de persoas con discapacidade intelectual, autismo, parálise-dano cerebral) visitaron o Museo das Minas de San Finx. Unha visita na que a técnico de turismo do Concello de Lousame guiounos polos distintos edificios que compoñen o complexo mineiro.