Luns 18 de Xuño de 2018

Ángeles Vázquez salienta que apostar pola mellora xenética da cabana gandeira redunda na rendibilidades das explotacións


A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asistiu á XVIII poxa de xovencas de raza frisona, no marco da ‘Semana do Leite’ que organiza cada ano o concello de Santa Comba. Alí destacou a importancia destes certames que dan visibilidade á calidade do noso gando bovino e insistiu na necesidade de apostar pola mellora xenética da cabana gandeira para conseguir unha maior rendibilidade das explotacións.

A conselleira, que estivo acompañada pola alcaldesa, María José Pose, salientou que o sector lácteo galego conseguiu estabilizarse no último ano e destacou os vos resultados da produción, que aumentou un 5,67% respecto a xaneiro de 2017. En total alcanzáronse as 231.331,4 toneladas de leite, é dicir, 12.422,7 toneladas máis. Uns datos que, segundo a conselleira, evidencian que o sector lácteo galego ten moito futuro.