Luns 18 de Xuño de 2018

Os másters do Club Atlética A Silva-Ordes regresan con seis metais do Campionato de España de Pista Cuberta


Os másters de Atlética A Silva-Ordes participaron no Campionato de España Máster en Pista Cuberta. A cita tivo lugar en Salamanca esta pasada fin de semana. O club tivo unha representación de nove atletas, que acadaron un total se seis metais. Ánxeles Rodríguez del Río (F60), ouro en peso e bronce en 200m; Xosé Manuel Gontá (M50), bronce en péntatlon; María Xosé Fraga Graña (F40), bronce en altura; Basi Bernárdez Rodríguez (M40), prata en triplo salto e Xosé Fraga Caamaño (M55), prata en lanzamento de peso.