Martes 19 de Xuño de 2018

Un total de 26 veciños e veciñas de Frades participa no curso de introdución ás plantas aromáticas e medicinais


Un total de 26 veciños e veciñas de Frades participaron durante o último mes na segunda edición dun curso de introdución ás plantas aromáticas e medicinais, organizado polo Concello de Frades. O concelleiro de Medio Ambiente, Juan Carlos Portos Bra, foi o encargado de entregarlles os diplomas de participación e puido comprobar como o alumnado aprendeu tanto os usos e aplicacións plantas coma o perexil, o romeu, o tomiño, a menta, a salvia, o ourego ou a albáfega; como os seus métodos de cultivo, recolección e conservación.

Ademais, como gran novidade deste ano, os participantes no curso desprazáronse tamén ata A Coruña para participaren no congreso “BioCultura, feira de produtos ecolóxicos e consumo responsable”, celebrada esta fin de semana en ExpoCoruña. Unha visita na que aproveitaron para achegarse especialmente polos stands relacionados coas terapias complementarias.