Sábado 15 de Decembro de 2018

Frades acolleu o II Memorial Marcial Ramil Hermida, proba de cans de parada da Federación Galega de Caza na Coruña


O tecor de Frades acolleu esta fin de semana a segunda edición do Memorial Marcial Ramil Hermida, proba de cans de parada da Federación Galega de Caza na Coruña. Unha competición celebrada sobre perdiz sementada sen morte e puntuable para a Copa Galicia. O tenente de alcalde de Frades, Manuel Ferreiro Marzoa, foi o encargado de entregar os premios da proba, onde aproveitou para agradecer á Federación Galega de Caza e á Sociedade de Caza de Frades o seu traballo na organización deste memorial.