Luns 18 de Xuño de 2018

Destacados profesionais do deporte e do protocolo danse cita esta semana en Noia


A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, inauguran o primeiro Congreso Nacional de Protocolo e Organización de Eventos Deportivos

A secretaria xeral para o Deporte, Marta Míguez, e o alcalde de Noia, Santiago Freire, realizaron  a apertura do Primeiro Congreso Nacional de Protocolo e Organización de Eventos Deportivos, que ata o vindeiro xoves 15 de marzo reunirá na Casa da Cultura e no Coliseo Noela a destacadas figuras do deporte e da organización de eventos deportivos. Un acto no que estiveron acompañados polo presidente da Asociación Española de Protocolo, Juan Ángel Gato Gómez, e polo concelleiro de Deportes, Ramón Santos.

Santiago Freire salientou a importancia que ten para Noia albergar un congreso como este, “con ponentes de primer nivel nacional e internacional, es un orgullo para una pequeña localidad como Noia”. Así mesmo, considerou que este congreso “supondrá una importante difusión de nuestra villa fuera del ámbito gallego, además de ser una modalidad muy interesante y que espero que sea de utilidad a todas las personas que participen”.

Pola súa banda, Marta Míguez indicou que o protocolo no deporte “es algo relativamente joven. Hay cosas que parecen simples y, cuando se hacen bien, pasan desapercibidas. Pero cuando se hacen mal se notan mucho”. Así mesmo, Míguez fixo fincapé nun aspecto dunha das ponencias desta mañá: o turismo deportivo. “El turismo deportivo es un turismo de mucha calidad, un turismo que cuesta mucho fidelizar pero que después es más mantenible en el tiempo”, apuntou a secretaria xeral para o Deporte.

Finalmente, Juan Ángel Gato Gómez agradeceu ao Concello de Noia por acoller a organización deste congreso, que agarda que permita “hacer ver que existe un organismo, que hay una carrera con un título y que lleva en marcha 25 años”. A ponencia inaugural foi impartida por Rafael Vidal Gómez de Tracevedo, xefe de protocolo da Deputación da Coruña e presidente da Asociación de Técnicos de Protocolo de Galicia. Rafael Vidal salientou que “protocolo es básicamente ordenar, ordenar y ordenar. Se ordenan espacios, tiempos y personas”.

Cambios no programa

A organización do Congreso Nacional de Protocolo e Organización de Eventos Deportivos desculpou a ausencia do ex seleccionador nacional, Vicente del Bosque, que finalmente non poderá participar no coloquio previsto para mañá mércores 14 de marzo, ás 18:30 horas, no Coliseo Noela. Un coloquio que será impartido polo patinador Javier Fernández, que vén de gañar a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Inverno de 2018, ademais de ter sido campión do Mundo (2015 e 2016) e seis veces campión de Europa (2013, 2014, 2015, 2016, 2017 e 2018). “Queríamos facilitar la participación de más personas en estos coloquios”, explicou o alcalde de Noia, “por lo que las ponencias tendrán lugar en la Casa de la Cultura y los coloquios en el Coliseo Noela”. Outra baixa de última hora na programación é a de José Fornell Rodríguez, que será substituído por Sagrario Aguado, responsable da Villa Olímpica en Barcelona 92.

Para esta tarde está prevista o primeiro coloquio, ás 18:30 horas, protagonizado polo ciclista Óscar Pereiro, gañador do Tour de Francia. O coloquio do xoves contará coa participación de Javier Gómez Noya, premio Príncipe de Asturias do Deporte 2016 e 5 veces campión do mundo de Triatlón.