Xoves 20 de Setembro de 2018

Cambre rende honra aos seus cineastas


A Corporación Municipal rende homenaxe a tres cinesastas cambreses que lograron importantes éxitos no mundo audiovisual no salón de plenos a partir das 19.00 horas.

O pleno da Corporación recibe aos cambreses Lucía Catoira, David Saborido e Nani García, que recentemente lograron éxitos no audiovisual e están a levar o nome do municipio con orgullo por todo o territorio nacional e internacional.

David Saborido, estivo nomeado na categoría de animación con Galesauros. David xa acadou o Mestre Mateo no 2016, e xa ten unha traxectoria no audiovisual español nunha categoría tan difícil como a animación.
Doutra banda, Nani García, un consagrado jazzista, un músico extraordinario que non só é un virtuoso no campo musical senón que xa é un recoñecido compositor de filmes. A película na que NANI compuxo a Banda Sonora, “Unha Muller Fantástica”, foi premiada nos Óscar a Mellor película de fala non inglesa da Academia de Holllywood e nos Premios Goya como Mellor película Iberoamericana, entre outros moitos premios…

E Lucía Catoira, galardoada nos Premios Mestre Mateo á mellor directora de fotografía coa súa película “Dhogs”. Anteriormente premiada tamén como directora de fotografía dos filmes Trote ou Matria, esta última gañadora do Sundance Film Festival de USA ou Gran Premio do xurado no Festival Int. de Cine de Valladolid (Seminci, 2017) –

Segundo Óscar García Patiño, “Os tres cambreses son un orgullo para o municipio polo que no nome de todo o pobo de Cambre queremos felicitarlles e animarlles a continuar coas súas trayectorias profesionais”.