Xoves 20 de Setembro de 2018

Cambre presentará o pleno o segundo Plan de Igualdade con novas medidas


A concelleira de Igualdade, Terceira Idade, Voluntariado e Educación, María Jesús Gómez González, ven de presentar as actividades de Igualdade para o ano 2018 así como o esbozo do II Plan de Igualdade 2018 – 2019 que será levado ao Pleno da Corporación do día 2 de abril de 2018.

A presentación do novo Plan de Igualdade, trae parella tamén un espectacular aumento das asignacións económicas da área de Igualdade que multiplica por 5 o orzamento do ano 2017. Con este incremento de orzamento o departamento prepárase para desenvolver as diferentes accións contempladas no II Plan entre as que podemos destacar:

O Plan contempla a creación dun servizo de atención psicolóxica dirixido a mulleres vítimas de violencia de xénero e as súas fillas e fillos.

Tamén a creación dun novo programa de conciliación da vida persoal, familiar e laboral en horario de tarde.

Por outra banda, o desenvolvemento de obradoiros de novas masculinidades, e de terapias asistidas por animais dirixidas a mulleres vítimas de violencia machista e as súas fillas e fillos.

Asemade, o Plan desenvolverá unhas xornadas de sensibilización e promoción da igualdade nos CEIP a través de metodoloxías de educación asistidas por animais coa colaboración dos expertos da entidade Candamín .

O Plan deseñará de cursos de linguaxe inclusiva e de igualdade para o persoal da administración e manterá as actividades de coeducación nos IES.

Especialmente novidosa é o Curso de Autoprotección dirixido ás mulleres vítimas de violencia de xénero que impartirá Manel Martínez, policía local de Cambre e experto en esta disiciplina.