Luns 10 de Decembro de 2018

O Concello de Lousame abre mañá xoves o prazo de reserva de praza no Punto de Atención á Infancia para o curso 2018-2019


O Concello de Lousame informa de que o período para a reserva de praza no Punto de Atención á Infancia estará aberto entre mañá xoves 15 de marzo e o vindeiro 15 de abril. As persoas interesadas poden dirixirse aos Servizos Sociais municipais, onde se lles facilitará a información e a documentación precisa, ou descargar a solicitude da páxina web municipal: www.concellodelousame.gal.