Mércores 17 de Outubro de 2018

Horario especial da Casa da Cultura de Fene durante a Semana Santa


A Concellería de Cultura informa dos cambios no horario de apertura e atención ao público nas dependencias da Casa da Cultura, Biblioteca Municipal “Xosemaría Pérez Parallé” e Museo do Humor, por mor da Semana Santa

O horario desta instalación municipal nos vindeiros días será o seguinte:

Sábado 24 e domingo 25 de marzo: pechado
Luns 26, martes 27 e mércores 28 de marzo: de 10:00 a 14:15 horas
Xoves 29, venres 30, sábado 31 de marzo e domingo 1 de abril: pechado
Luns 2 de abril: de 10:00 a 14:15 horas

A partir do martes 3 de abril retomarase o horario habitual de inverno na Casa da Cultura de Fene: de luns a venres, de 10 a 13 horas e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas.