Domingo 18 de Novembro de 2018

Viaxes a Ons e Sálvora dende A Pobra


A Concellería de Turismo da Pobra do Caramiñal promove viaxes en catamarán ao Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia dende A Pobra do Caramiñal, esta Semana Santa. Venres 30 de marzo a illa de Ons e o sábado 31 de marzo a illa de Sálvora. Os detalles de cada viaxe a continuación:

ILLA DE ONS: VENRES 30 MARZO

Saída dende A Pobra do Caramiñal: 10:45 h

Regreso dende Ons: 19:15 h

Prezo: 18€/adulto – Nenos ata 12 anos de balde.

Inclúe: Ida e volta no barco mais ruta de sendeirismo guiada pola illa.

ILLA DE SÁLVORA: SÁBADO 31 MARZO

Saída dende A Pobra do Caramiñal: 11:00 h

Regreso dende Sálvora: 17:30 h

Prezo: 15€/adulto – Nenos ata 12 anos de balde.

Inclúe: Ida e volta no barco mais ruta de sendeirismo guiada pola illa (aldea e faro).

COMO RESERVAR:

Por Internet na web: www.toursriasbaixas.com o chamando ao 680 733 990 en horario de 10:30 a 13:30 h e de 16:30 a 20:30 h.

En caso de que a empresa decida anular o viaxe por causas climatolóxicas ou por falta de cupo mínimo de pasaxeiros, se lles devolverá o importe integro do billete.

Ofrecemos información no Museo Valle-Inclán en horario de martes a sábado das 11:00 ás 14:00 h e das 17:00 ás 19:00 h; Na Casa Mariñeira, a oficina de turismo da Pobra do Caramiñal, situada no Parque do Castelo que estará aberta do 26 ao 31 de marzo no horario de 10:00 ás 14:00 h e das 17:00 ás 19:00 h. Pode chamarnos ao número de teléfono: 671 090 262 ou ao 687 482 835; Seguir as novidades na páxina de Facebook oficial chamada: Turismo A Pobra do Caramiñal ou a través da web oficial: www.apobra.gal