Mércores 12 de Decembro de 2018

A procesión do Domingo de Ramos marca o inicio da Semana Santa en Ordes


Ordes xa está sumido no ambiente de Semena Santa. As celebracións arrancaron onte oficialmente coa procesión do Domingo de Ramos, onde a imaxe da ‘burriquita’ percorreu as principais rúas do pobo. Foron moitos os veciños e veciñas que participaron dela, entre eles os concelleiros Susana García, Ana Soneira e Xosé Manuel Mira. Dende hoxe quedan por diante días de recollemento pero tamén de actos e celebracións litúrxicas. O momento máis importante terá lugar o vindeiro venres a partir das 21 horas coa procesión da Nosa Señora das Dores e da Soidade.