Mércores 11 de Decembro de 2019

Cambre poñerá en marcha o Concello Escolar Municipal tras vinte años inactivo


Trátase dun instrumento de participación da comunidade escolar e dun órgano de representación que integra todos os sectores sociais implicados

O Consello Escolar Municipal aprobouse no ano 1997 no pleno de Cambre e nunca estivo activo. No pasado ano, o grupo ACDC lembrou que este órgano poderíase impulsar de novo, unha proposta que tivo unha boa acollida por parte do executivo local e do alcalde, Óscar García Patiño, que comprometeuse a desenvolvela no presente ano.

Trátase dun instrumento de participación da comunidade escolar e dun órgano de representación que integra todos os sectores sociais implicados ou interesados na función educativa e que ofrecerá unha perspectiva de interese xeral sobre os problemas que se deriven do funcionamento do sistema educativo.

No pleno de 1997 o Pleno da Corporación acordou os criterios de elección de
membros do Consello Escolar Municipal e nomeu a uns integrantes que a día de hoxe xa non están vixentes, na súa maioría, polo que a Corporación ten que nomear a un representante municipal e organizar unha nova organización de eleccións dos membros do Consello Escolar municipal.

Neste senso, será a Xunta Electoral constituída no Concello, e integrada polo Alcalde (ou membro en quen delegue), un profesor, un pai e un alumno a partir do ciclo superior de 1º e 2º Educación Secundaria), designados os tres últimos por sorteo e tendo en conta que no municipio de Cambre hai dous Institutos de Educación Secundaria onde se cursa 1º e 2º de educación secundaria.

Polo tanto, o pleno do vindeiro xoves debatirá a aprobación dos seguintes puntos: designar como Presidente do Consello Escolar Municipal ao alcalde, Óscar García Patiño; solicitar ás distintas entidades que teñen representantes vixentes no Consello Escolar que aclaren a súa continuación ou designen a outras persoas; designar representante do Concello de Cambre na Xunta Electoral do Concello de Cambre para a elección dos novos membros do Consello representantes de alumnos, a dona Mª Jesús Gómez González, solicitar ao IES Afonso X O Sabio e ao IES David Buján a designación por sorteo dun/unha profesor/a, un pai ou unha nai e un alumno ou alumna a partir de 1º da ESO de cada centro, para ser designado logo por sorteo no Concello entre os candidatos de cada un dos IES a un/unha profesor/a, un pai ou unha nai e un alumno ou alumna como membros da Xunta Electoral para a elección dos membros do Consello Escolar Municipal representantes de alumnos e facer o citado sorteo, e, finalmente formar a Xunta Electoral, nas oficinas de Educación situadas na Barcala, entre os representantes designados polos Institutos de Educación Secundaria Obrigatoria de Cambre.