Martes 11 de Decembro de 2018

O Club Ciclista Cambre presenta aos seus equipos o domingo no camop da feira


A entidade, con máis de 120 deportistas federados, toma parte en ciclismo de estrada, ciclocrós e tamén BTT. Ten integrantes en todas as categorías, desde cadetes ata xuvenís, sub23, elite, máster, sénior e tamén das escolas

O domingo día 8 de abril terá lugar a presentación de todas as categorías do Club Ciclista Cambre, unha entidade referente en Galicia no mundo do ciclismo.

Realizará a súa presentación no campo da feira sobre ás 12.00 horas co equipamento oficial nun acto que contará coa presenza do alcalde, Óscar García Patiño, do edil de Deportes, Brais Cubeiro, e do presidente do club, Antonio Carrodeguas.

A entidade, con máis de 120 deportistas federados, toma parte en ciclismo de estrada, ciclocrós e tamén BTT. Ten integrantes en todas as categorías, desde cadetes ata xuvenís, sub23, elite, máster, sénior e tamén das escolas.

Este ano os seus grandes retos serán a Volta a Galicia, Volta da Coruña e especielmente o Campionato Galego Elite sub-23, que organizará a propia entidade.

Segundo o seu presidente, Antonio Carrodeguas, o pasado ano 2017 o club logrou 140 podimuns e triunfos, o que dá idea do potencial dos seus ciclistas, sendo un referente en Galicia e no territorio nacional. “Este ano temos grandes retos como a organización do Campionato galego Sub-23 elite e as voltas A Coruña e a Galicia, pero nosa gran aposta seguirá sendo traballar coas categorías inferiores para inculcarlles o noso amor por este deporte”.