Mércores 20 de Xuño de 2018

Charla sobre a vespa asiática no Museo Valle-Inclán


Agora que está empezando a época de emerxencia das raíñas de vespa asiática, o momento máis eficaz para loitar contra esta praga, o departamento de medio ambiente e protección civil do concello da Pobra do Caramiñal organizan unha actividade de difusión sobre esta especie exótica invasora. O mércores día 11 de abril ás 20h no auditorio do Museo Valle-Inclán desenvolverase unha charla onde o especialista de Protección Civil de Cambre Lolo Andrade amosará as mellores técnicas de loita, como distinguila doutras especies autóctonas, como protexer as colmeas ou como actuar cando atopamos un niño, entre outras cuestións que o público queira preguntar. A actividade terá un carácter eminentemente práctico, ao expoñerse in-situ numeroso material e fotografías. Contarase coa presenza de membros de protección civil da localidade, así como de apicultores colaboradores.