Venres 14 de Agosto de 2020

Cambio de marquesina na Avenida da Coruña para eliminar unha barreira arquitectónica


O Concello de Riveira informa de que no día de hoxe se procedeu a substituír unha marquesina na transitada avenida da Coruña co fin de eliminar unha barreira arquitectónica e propiciar a accesibilidade neste punto, situado fronte ao establecemento comercial Gadis Hiper.

A substitución, na que colaborou a Brigada Municipal de Obras, obedece a que a antiga parada de autobús alí situada dificultaba o tránsito das persoas con mobilidade reducida, razón pola cal se cambiou por outra nova, cuxo deseño deixa marxe suficiente para pasar xunto a ela.

O Executivo ten previsto acometer intervencións deste tipo noutras beirarrúas do municipio coa mesma casuística.