Venres 17 de Agosto de 2018

A Deputación aproba o investimento para as beirarrúas novas da Patiña


En concreto aprobou un investimento de 136.436 euros para ejecutar na DP 1704 un muro de contención e as beirarrúas que conecten A Patiña con Brexo Lema

A Deputación Provincial anunciou hoxe o plan de investimento en vías provinciais 2018 segunda fase, na DP 1704, aprobado o pasado 23 de marzo de 2018.

En concreto aprobou un investimento de 136.436 euros para ejecutar na DP 1704 un muro de contención e as beirarrúas que conecten A Patiña con Brexo Lema.

Na actualidade o paso seguro para os peóns remata no punto quilométrico 600 e ata o punto quilométrico 820 non hai beirarrúas. O obxectivo é conectar este tramo de estrada que non conta con sendas peonís para garantir a mellora da seguridade viaria na zona. Para executar a obra de mellora derrubarase unha casa antiga que impide a visibilidade na estrada ao estar situada en plena curva. Nese punto colocarase un muro de contención e se gañará espazo para poder realizar as beirarrúas.

O goberno local espera que a Deputación licite a obra este mesmo ano e esté rematada antes do 2019. Segundo o alcalde, Óscar García Patiño, trátase dunha actuación moi importante para a zona da PAtiña que mellorará a seguridade de peóns e de condutores nesta estrada.