Xoves 21 de Xuño de 2018

Nenos e nenas do Castelao clasifícanse para o Campionato Provincial de Bádminton


O CEIP ADR Castelao vén de participar no Campionato Interzonal de Bádminton que tivo lugar en Boimorto, clasificatorio para o Campionato Provincial, onde catro dos oito participantes acadaron un ouro, unha prata e dous bronces. Grazas a isto xa teñen asegurada a súa participación no Campionato Provincial que terá lugar en videiras datas.

Esta actividade forma parte do Programa Xogade da Xunta de Galicia. Nela participaron deportistas dos concellos de Boimorto, Melide, O Pino, Toques e Ordes.