Venres 20 de Abril de 2018

Alumnos do David Buján presentan propostas ao Concello para reducir a contaminación lumínica


Alumnos do IES David Buján de Sigrás presentaron hoxe un traballo de investigación sobre contaminación lumínica no municipio. Contan desde hai tempo cun sistema de medición da rede nacional que permite ter datos diarios sobre a cantidade de luz que irradia o centro educativo.

Os alumnos de 3º e 4º da ESO presentaron ao alcalde de Cambre, Óscar García Patiño, medidas para reducir o impacto lumínico negativo no medio ambiente e como modo de aforro para as arcas públicas.

O seu obxectivo é sensibilizar á poboación da importancia de reducir esta emisión de luz, que moitas veces é desproporcionada e que mesmo perde a súa eficacia ao estar mal dirixida.

Os alumnos propuxeron ao Concello que corrixa as luminarias que están dirixidas cara ao ceo, ou a eliminación dalgúns puntos de luz onde son abundantes e innecesarias algúns farois da zona urbana.

Deja un comentario