Mércores 17 de Outubro de 2018

Un letreiro de Riveira a gran escala para dar a benvida á saída da autovía de Barbanza


Operarios da brigada municipal de Obras procederon esta mañá á instalación dun letreiro identificador de Riveira na rotonda de Xarás, xusto á saída principal da autovía de Barbanza.

A acción, na que as sete letras que compoñen o nome do municipio foron moldeadas en pedra a gran escala, busca ser un elemento máis de promoción turística dado a benvida a quen nos visitan.

A concelleira Elvira Pereira foi a encargada de coordinar o desenvolvemento esta acción, que terá outra réplica noutra rotonda do municipio, presumiblemente na existente na outra saída da autovía entre Palmeira e Riveira.