Sábado 31 de Outubro de 2020

Cambre reforzará a sección de Obras con dúas brigadas máis


Nos próximos días, iniciarase un proceso selectivo para contratar de forma temporal a dez persoas máis co obxectivo de reforzar a devandita brigada

Cambre reforzará o departamento de Obras con dúas brigadas máis compostas de cinco operarios cada unha. O obxectivo é poder atender a demanda de traballos no departamento de obras, xa que actualmente o concelloconta cunha brigada de cinco persoas, o que non permite unha axeitada operatividade. Con esta proposta prevese cubrir temporalmente os servizos públicos esenciais que demandan os veciños con 10 postos de traballo; dous capataces, catro albaneis e catro operarios. Nos próximos días, iniciarase un proceso selectivo para contratar de forma temporal a dez persoas máis co obxectivo de reforzar a devandita brigada. As bases para poder optar a estas prazas colgaranse na páxina web do concello.
Segundo o alcalde, Manuel Rivas, esta brigada é «imprescindible» para poder dar servizo aos problemas da cidadanía. En concreto, o aumento de equipo da brigada, aínda que temporal ( a contratación será por seis meses), poderá actuar en solucionar problemas de redes de sumidoiros, pavimentación e conservación dos camiños públicos, reforma de instalacións deportivas, arranxo de beirarrúas, construcións pasos peonís, sinalización horizontal, arranxo de patrimonio municipal, roza de maleza, limpeza de mobiliario, etc, etc. «Temos unha gran demanda de servizos aos que non podemos dar unha resposta inmediata pola falta de persoal. Agora con este aumento poderemos actuar con maior celeridade nestes problemas», declarou Rivas.