Mércores 17 de Outubro de 2018

Dous ouros e unha prata para os deportistas do Maniotas no XVIII Open Internacional de Taewondo “Ciudad de la Cerámica”


O Concello de Noia felicita aos tres deportistas do Club Escola de Taekwondo Maniotas que participaron no XVIII Open Internacional de Taekwondo “Ciudad de la Cerámica”, desputado este sábado en L´Alcora (Castellón), e que se saldou cun pleno de medallas: dúas de ouro e unha de prata. Tres éxitos que axudaron a que a selección galega se proclamara tamén campioa do torneo.

O noiés Hugo Trigo (cadete -65 kg) sumou un novo ouro tras vencer na final por un claro 28-7. Un triunfo que suma ao da semana pasada, no que tamén logrou o ouro no XVI Open Garriko Arrigorriaga de taekwondo. Deste xeito, Hugo segue coa súa racha e suma por ouros todas as súas participacións nos campionatos celebrados ata o momento.

Pola súa banda, Sara Toucedo (sub 21, -46 kg) conseguiu o ouro tras vencer 10-6 na final, completando un campionato perfecto. Pola súa banda, Jesús Manuel Veiga Freire (sub 21, -65 kg) logrou a medalla de prata ao non poder presentarse na final por lesión. Veiga Freire repite o metal conseguido na comunidade valenciana hai un mes, cando se proclamou subcampión de España Júnior no XVI Open Internacional de España.

Pola súa parte, Galicia proclamouse campioa por equipos no XVIII Open Internacional de Taekwondo Ciudad de la Cerámica, tanto na categoría cadete como absoluta, nun torneo que congregou a preto dun milleiro de taekwondistas chegados de distintos puntos de España e Francia.