Luns 19 de Novembro de 2018

Benvida da concelleira de Educación ao alumnado do programa Camiños de Coñecemento e Experiencia


Susana García, concelleira de Educación de Ordes e deputada provincial, deu a benvida ao alumnado que participou na segunda edición do programa Camiños de Coñecemento e Experiencia. Trátase dun programa dirixido ás persoas maiores de 50 anos que desexen recibir formación universitaria, no cal participan arredor dunha vintena de persoas do municipio e doutros puntos da comarca.
A historia da cultura de Galicia foi o tema que se tratou nesta primeira sesión. Nesta semana, ademais, está prevista unha visita ao arquivo da Catedral de Santiago. A música galega e o envellecemento serán outras temáticas que se impartirán, nalgún caso, na mesma Facultade de Medicina de Santiago.
Son máis de 20 os concellos que participan en Camiños de Coñecemento e Experiencia, iniciativa levada a cabo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña.