Mércores 15 de Agosto de 2018

O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, participa XXVII Encontro de Maiores de Boqueixón


O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou no XXVII Encontro de Maiores de Boqueixón que se celebrou no polideportivo de Forte

Ovidio Rodeiro, que acudiu en representación da Xunta de Galicia, felicitou aos organizadores do evento e animou a todos os asistentes a disfrutar desta tradicional xornada festiva en Boqueixón que xa vai pola súa XXVII edición. O delegado territorial destacou “o importante papel que xogan os nosos maiores na sociedade e apostou por aproveitar a súa experiencia e por reforzar os seus dereitos para aumentar o seu benestar, a súa autonomía e a súa calidade de vida.”. Ademais indicou que o compromiso con este colectivo por parte do Goberno galego ponse de manifesto no incremento en máis dun 11% dos orzamentos da área de maiores para 2018 con respecto ao ano pasado, chegando aos 309 millóns de euros.

Ovidio Rodeiro recalcou que entre as prioridades da Xunta de Galicia están mellorar a rede de prazas residenciais e de atención diúrna, potenciar o Servizo de Axuda no Fogar a Dependentes (SAF) e seguir ampliando a ratio de atención a persoas dependentes para conseguir a máxima calidade na atención.