Mércores 26 de Setembro de 2018

Cambre achega a súa historia á veciñanza


Os veciños e veciñas de Cambre xa poden disfrutar da Exposición itinerante Estampas de Cambre, agora ubicada no Ramón Barba

Co obxectivo de achegar a historia do municipio aos veciños e veciñas de Cambre, o goberno local organizou unha exposición que recolle instantáneas das parroquias, das súas xentes, festas ou edificios ou viais que agora xa non existen. Asemade, pódense apreciar imaxes de case un siglo de antigüedade coas casas antigas e construccións, hoxe en día patrimonio cultural, como o paraugas, os muiños da Barcala, a ponte do Burgo, e moitos máis.

A mostra “Estampas de Cambre” xa está nos espazos públicos, neste momento no parque Ramón Barba do Temple. A mostra itinerante desprazarase ata a Barcala, na praza 1º de Maio o 1 de xuño, e ata o Campo da Feira de Cambre a partir do 15 de xuño.

A exposición recolle instantáneas da historia do Concello de Cambre a través das aportacións gráficas das familias cambresas. Neste senso, as imaxes recollen momentos das vidas dos veciños e veciñas do municipio e do patrimonio arquitectónico, natural e etnográfico cambrés. Colocaranse nove monolitos coas imaxes que se poderán ver nos devanditos espazos públicos.