Sábado 26 de Maio de 2018

O Concello de Noia organiza a tradicional peregrinación nocturna de Santa Rita


Sairá da praza do Concello ás 23:00 horas do luns 21 de maio

O Concello de Noia, en colaboración coa Cruz Vermella de Noia e Protección Civil de Noia, organiza un ano máis a tradicional peregrinación nocturna de Santa Rita, que sairá da praza do Concello ás 23:00 horas do vindeiro luns 21 de maio. Os participantes estarán asistidos durante o camiño por vehículos de asistencia, que irán de parada en parada (non canda os participantes na peregrinación).

Despois da misa das 8:00 horas, o Concello porá autobuses para o regreso a Noia ás 9:00 horas. Para acceder a estes autobuses será preciso recoller o ticket no primeiro andar do Concello de Noia. Dende o Concello recomendan levar calzado cómodo e roupa reflectante e de cores claras, así como lanterna e riñoneira para levar os elementos básicos, sobre todo auga fresca coas que manterse hidratado. Tamén se recomenda alimentarse ben antes de saír, circular exclusivamente pola esquerda e non tirar lixo durante o camiño.

Deja un comentario