Xoves 18 de Outubro de 2018

Cambre quere “educar” aos máis novos sobre o graffiti


Convoca una master class sobre a técnica do aerosol e os lugares apropiados para o arte urbano

O departamento de Xuventude, ante os persistentes problemas que xera o vandalismo no entorno urbano por mor das pintadas sobre os edificios e no mobiliario público, porá en marcha de novo o Crómatico Mural Fest, que tenta educar aos máis novos sobre os espazos axeitados para pintar con aerosol e as técnicas que deben utilizar.

O goberno local ante a ineficacia das sancións decidiu o pasado ano poñer en marcha o Crómatico Mural Fest coma fórmula para educar aos máis novos da importancia de respectar as paredes de titularidade pública e privada, e de paso ensinarlles os espazos destinados a arte urbana nos que está permitido o uso do aerosol e asxí canalizar os impulsos creativos destes rapaces.
O Cromático Mural Fest terá lugar na última semana de xuño e a primeira de xullo, e acollerá un concurso de grafftiti e una ponencia que impartirá o coñecido artista urbano Sekone. Ata o 12 de xuño os interesados poderán inscribirse para participar nestes eventos.

Trátase de abordar un problema real no termo municipal de Cambre dun xeito diferente. As sancións como consecuencia deste tipo de actos vandálicos non xurden efecto ante o perfil dos infractores. Segundo a Policía Local, as persoas sancionadas por pintar sobre edificios ou mobiliario público son, na maioría de ocasións, menores de idade (reincidentes) e, noutra gran parte, as familias non se fan cargo das sancións económicas por diversos motivos de índole social.