Mércores 20 de Xuño de 2018

Clausurado o curso Celga II impartido polo SNL da Mancomunidade de Ordes


Esta mañá clausurouse o curso de lingua galega Celga II, o cal se leva impartindo dende o pasado mes de marzo polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, e no que se inscribiron máis de 30 persoas. A concelleira de Educación do Concello de Ordes, Susana García, desexoulles sorte a todos e a todas os que se presentarán ás probas de avaliación a partir desta fin de semana, ademais de recoñecer “o esforzo e dedicación” mostrado polo alumnado “á hora de adquirir coñecementos da lingua galega, tan importantes para todas e todos nós”. Susana García destacou a importancia de acadar este título para poder inscribirse en distintos procesos selectivos na administración pública, “xa que é algo indispensable en moitos casos”.