Xoves 18 de Outubro de 2018

Premio Comforp para os alumnos de automoción de Ordes


O Concello de Ordes felicita a Adrián del Río Fuentes e a Juan Cores Juncal tras conseguir o primeiro e segundo premio respectivamente na XV edición do Concurso de Xoves Técnicos en Automoción (Premios Fundación Comforp). Os dous alumnos do Centro de Formación Profesional de Automoción do IES Nº 1 de Ordes obtiveron as mellores puntuacións dentro da categoría de electromecánica. As probas tiveron lugar onte e hoxe en Madrid. Ademais do recoñecemento dentro do sector os galardoados recibiron como premio un lote de produtos das empresas patrocinadoras do certame. Entre outras moitas figuran Mercedes Benz, Würth, Bosch, Michelín, Paraninfo, Cesvimap, Car Repair System, 3M ou Spanesi etc.