Martes 21 de Agosto de 2018

Preto de trescentas persoas participaron na I Foliada Airiños Galegos, celebrada no campo da festa de Galegos (Frades)


Preto de 300 persoas participaron este domingo na primeira Foliada Airiños Galegos, organizada pola asociación de mulleres rurais Airiños Galegos en colaboración co Concello de Frades e a Rede Cultural da Deputación da Coruña. O campo da feira desta parroquia fradense acolleu unha gran churrascada previa á actuación de seis agrupacións folclóricas da comarca: Sarillo (Aiazo, Frades), Pinga de Troula (Galegos, Frades), Pandereteiras de Marantes (Santiago), asociación cultural Camiño Real (Poulo, Ordes), asociación cultural de veciños de Leira (Ordes) e escola de música e baile tradicional de Mesía.

Dende a asociación explican que “comezamos coa idea desta foliada no mes de marzo e tivemos momentos de medo e dubidar se facela ou non, xa que non sabiamos a acollida que tería. E, para a nosa sorpresa, tivo unha acollida impresionante xa que 280 persoas quixeron acompañarnos”.