Xoves 18 de Outubro de 2018

A ESMU Magariños acolle un recital de guitarra de Eduardo Armstrong


A aula 5 da Escola Municipal de Música Magariños de Brión acollerá hoxe venres 8 de xuño, ás 20:00 horas, un recital de guitarra a cargo de Eduardo Armstrong Fuster. Un concerto de acceso libre e de balde ata completar aforo. O concerto está organizado pola ESMU Magariños, en colaboración co Concello de Brión, a Deputación da Coruña e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.