Martes 31 de Marzo de 2020

A Garda Civil imparte mañá martes en Lousame unha charla dirixida aos maiores sobre como previr estafas, roubos e timos


 

O Concello de Lousame e a Cruz Vermella de Noia organizan mañá martes 12 de xuño unha charla sobre como previr estafas, roubos e timos dirixida especialmente a persoas maiores. Unha charla impartida por técnicos da Garda Civil de Noia que terá lugar na Casa da Cultura de Lousame, ás 10:00 horas.

Este curso está enmarcado dentro da colaboración do Concello de Lousame e a Cruz Vermella, que ao longo do ano se traduce en distintas actividades a prol do envellecemento activo da veciñanza co obxectivo de conseguir beneficios físicos e psíquicos para os maiores. As últimas iniciativas realizadas foron os obradoiros de manexo de móbiles e tabletas, de máscaras de Entroido e os talleres de decoración de Nadal, que rexistran unha participación media de máis de cincuenta persoas.