Mércores 20 de Xuño de 2018

Ovidio Rodeiro destaca que as liñas de axuda de turismo aos concellos deixarán este ano na comarca de Carballo-Costa da Morte 239.000 euros


 

O delegado territorial da Xunta na Coruña informou destas axudas que reciben os concellos para mellorar a calidade da súa oferta e promover as súas festas
O delegado territorial da Xunta na Coruña participou nun encontro de traballo para avanzar no Plan Estratéxico de Turismo Rural de Galicia, realizado no xeodestino de Costa da Morte (Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas). Ovidio Rodeiro fixo balance das principais liñas de axudas que este ano abriu Turismo de Galicia, que dirixe Nava Castro. Concretamente, na comarca de Carballo-Costa da Morte percibirán 239.772 euros para acometer obras de mellora de accesibilidade, sinalización ou acondicionamento das súas infraestruturas turísticas e para as súas festas declaradas de interese turístico galego.

A esta cantidade hai que sumarlle o que aportan os propios concellos o que suporá que na comarca se investirán 362.000 ao abeiro destas axudas. Estas partidas inclúense dentro dunha convocatoria para toda Galicia na que Turismo investirá na nosa provincia más dun millón de euros.

Tal e como explicou Ovidio Rodeiro, para afondar na colaboración coa administración local, Turismo de Galicia ampliou este ano os fondos dirixidos aos concellos. A liña para melloras nas infraestruturas incrementouse en 2018 un millón de euros, ata os 2,5 millóns. Ademais, mentres que ata agora procedían de fondos europeos, agora pasan a ser fondos propios.

O apoio aos concellos centrouse en 12 proxectos na comarca de Carballo-Costa da Morte Entre os investimentos máis importantes destacan a rehabilitación do centro de interpretación de Buño para uso turísticos, a mellora de sinalización de recursos turísticos en Muxía, a mellora de accesibilidade e sinalización aos recursos turísticos de Ponteceso ou a iluminación do paseo marítimo da praia de Langosteira en Fisterra, entre outras actuacións.

Máis de 200 entidades locais de toda Galicia beneficiáronse os dous últimos anos destas axudas. Este ano, ampliáronse os conceptos subvencionables, pois ademais de sinalización e accesibilidade dos recursos, incluíronse actuacións de embelecemento dos accesos, das contornas, dos Bens de Interese Cultural (BIC), xa declarados ou en proceso de selo, e iniciativas de posta en valor turístico.

Nas convocatorias de Turismo se inclúen tamén as subvencións aos concellos para o apoio, promoción e difusión para as festas declaradas de interese turístico de Galicia, que este ano 2018 conta cun crédito orzamentario de 306.000 euros para toda Galicia.

Na área de Carballo-Costa da Morte recibirán unha axuda de 3.000 euros a través de Turismo de Galicia a XXVIII Mostra do Encaixe de Camariñas, a Semana Santa de Fisterra, a Festa das Cereixas de Paiosaco, a Festa do Naufraxio de Laxe, a Romaría de Santo Hadrián de Malpica, a Festa do Percebe do Roncudo, a Romaría San Fins do Castro e a Faguía de Carnés.

CARBALLO- COSTA DA MORTE
CONCELLO OBXECTO SUBVENCIÓN  Subvención concedida 
CABANA DE BERGANTIÑOS Instalación de paneis de sinalización para o dolmen de Dombate                        4.660,14 €
CABANA DE BERGANTIÑOS Romaría San Fins do Castro                        3.000,00 €
CAMARIÑAS Mellora das infraestruturas turísticas                      12.827,66 €
CAMARIÑAS XXVIII Mostra do Encaixe                        3.000,00 €
CORCUBIÓN Contratación persoal oficinas turismo                        5.200,00 €
DUMBRÍA Recuperación de espazos e mellora da accesibilidade no acceso á fervenza do Ézaro                      33.655,15 €
FISTERRA Iluminación do paseo marítimo da praia Langosteira                      30.223,57 €
FISTERRA Contratación persoal oficinas turismo                        5.200,00 €
FISTERRA Semana Santa de Fisterra. Festas do Cristo                        3.000,00 €
LARACHA, A Festas das Cereixas de Paiosaco                        3.000,00 €
LARACHA, A Accesibilidade da páxina web de turismo, colocación de mesas interactivas e sinalización turística.                        9.413,62 €
LAXE Festa do Naufraxio de Laxe                        3.000,00 €
LAXE Contratación persoal oficinas turismo                        4.286,64 €
MALPICA Romaría de Santo Hadrián de Malpica                        3.000,00 €
MALPICA Rehabilitación centro interpretación Buño Oleiro e Terras de Bergantiños para uso turístico                      28.793,68 €
MUXÍA Actuacións de sinalización e mellora dos recursos turísticos                      29.403,84 €
PONTECESO Mellora da accesibilidade e sinalización dos recursos turísticos: hermida, Osmo e ruta PRG 148                      34.411,75 €
PONTECESO Festa do Percebe do Roncudo                        3.000,00 €
VIMIANZO Sinalización accesible dun conxunto de bens culturais                      17.696,25 €
VIMIANZO Faguía de Carnés                        3.000,00 €
TOTAL             239.772,30 €

Deja un comentario