Venres 20 de Xullo de 2018

Os alumnos do Obradoiro de Emprego de Touro e O Pino acondicionan os espazos naturais e áreas recreativas dos dous concellos


Os alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego Ulla-Tambre I, impulsado polos municipios de Touro e O Pino, están facendo nas últimas semanas traballos de acondicionamento e mantemento dos espazos naturais e áreas recreativas dos dous concellos. O proxecto forma a 20 desempregados. Os alumnos-traballadores reciben formación en actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinaría. Dentro das actuacións que se estiveron levando a cabo no concello de Touro inclúense o mantemento e axardinamento nos xardíns do Concello en Fonte Díaz, a posta en funcionamento con producción de planta no invernadoiro municipal, o mantemento da área recreativa de Santaia, ou da área recreativa de Brandelos. As fotografías corresponden aos traballos destes últimos días na área recreativa de A Santaia.

Ulla-Tambre I está financiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, e o seu equipo docente está composto por unha directora, catro docentes e un auxiliar administrativo. Está dotado cun investimento de 280.000 euros e rematará a próxima semana.