Mércores 12 de Decembro de 2018

Os meniños e meniñas da gardería municipal de Brión celebran coas súas familias unha festa de fin de curso con inchables


Os nenos e nenas da escola infantil municipal de Brión celebraron a súa tradicional festa de fin de curso, na que participaron máis dun cento de pais e nais. Unha festa na que os 76 cativos e as súas familias estiveron repartidos nos dous patios exteriores e no patio interior da gardería.

Como novidade, este ano o Concello de Brión colaborou na festa achegando uns inchables adaptados ás distintas idades, o que fixo as delicias dos máis pequenos, que practicamente non saíron de dentro deles durante gran parte da mañá. Así mesmo, as familias colaboraron achegando os doces, larpeiradas e refrescos que se degustaron.