Sábado 21 de Xullo de 2018

Viaxes ao Parque Nacional dende A Pobra


Dende o departamento de Turismo da Pobra do Caramiñal, achegan a  información das próximas saídas en catamarán dende A Pobra ás illlas Cíes e a Sálvora.

Asemade, o próximo 5 de agosto está programada unha viaxe as illas Ons e o 15 de agosto a Sálvora, ao anoitecer para realizar a ruta “Starlight”.

Domingo 22 de xullo viaxe ás illas Cíes dende A Pobra do Caramiñal en catamarán:

O prazo para anotarse remata o martes 10 de xullo.

O custe por persoa é de 25€, menores ata 11 anos de balde.

Para anotarse deben dirixirse o persoal situado no Museo Valle-Inclán, en horario de martes a sábado de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 h.

Organiza la Concellería de Turismo da Pobra do Caramiñal.

 

Domingo 29 de xullo viaxe a illa de Sálvora dende A Pobra do Caramiñal en catamarán:

O custe por persoa é de 18€, menores ata 11 anos de balde.

Para anotarse deben dirixirse o persoal situado no Museo Valle-Inclán, en horario de martes a sábado de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 h.

Organiza la Concellería de Turismo da Pobra do Caramiñal.