Luns 24 de Setembro de 2018

Mari Carmen Caramés Gorgal presenta en Ordes o seu libro ‘A madriña’


A biblioteca municipal de Ordes foi o lugar escollido para presentar o libro de Mari Carmen Caramés Gorgal ‘A madriña’. Editado por Fervenza, a obra narra a historia de Tareixa e a súa avoa, vínculo que lle serve de escusa á autora para facer unha análise comparativa das vivencias e concepcións sociais das mulleres ao longo das últimas décadas. Todo isto enmarcado nun ambiente ordense e rural, como son as aldeas de Mercurín e Merelle principalmente.

A concelleira de Educación de Ordes, Susana García; o escritor e xornalista Ramón Vilar Landeira, o investigador Armando Requeixo, e o profesor Xosé Manuel Lobato foron algúns dos que acompañaron a autora neste día.