Domingo 18 de Novembro de 2018

Os máis pequenos de Touro disfrutaron da Festa do Neno


Centos de nenos e nenas de todas a idades disfrutaron en Touro da xa tradicional Festa do Neno. O asollado e caluroso día fixo que os máis pequenos e os seus país aprovetaran ao máximo a xornada de lecer. A piscina foi o diversión preferida da xornada. O Concello de Touro acolleu onte domingo, día 24 de xuño, a Festa do Neno. A xornada festiva comenzou ás 16.30 horas nos arredores da piscina municipal, na zona de servizos onte tamén está ubicada a Casa da Cultura. Durante toda a tarde os nenos e nenas que ata alí se achegaron poideron xogar nos inchables e bañarse na piscina municipal.

Tamén circulou o un tren turístico.Os máis pequenos subíronse ao tren que cada pouco saía da praza de Luar e facía o percorrido de media hora polas rúas de Fonte Díaz. A presencia de nenos, nenas e país prolongouse durante toda a tarde. Os máis pequenos elexiron por maioría a piscina. O calor así o recomendou. Na piscina municipal instaláronse inchables para que os máis pequenos disfrutaran. Sobre as 19.00 horas, e para despedir a xornada de diversión celebrouse a actuación espectáculo de Ghop Teatro ao Cubo. O domingo a diversión estivo garantida en Touro.

Dende un punto de vista festivo o Día do Neno inicia unhas celebracións que teñen a súa continuidade no verán, coa festa dos maiores, que tradicionalmente se celebra no mes de agosto. Nas próximas semanas poñeranse tamén en marcha as actividades estivais para os nenos e nenas de Touro. Para o sábado 7 de xullo está programada a IV Xornada de Pesca Infantil. Poderán participar nenos e nenas de seis a doce anos. Será na Área Recreativa da Santaia dende ás 11.00 horas. As inscricións poden facerse no departamento de Cultura do Concello de Touro ou chamando ao teléfono: 981.814.566.