Luns 24 de Setembro de 2018

Unha vintena dos maiores que participan nos Obradoiros da Memoria de Lousame celebraron unha merenda de fin de curso


Un total de 23 maiores dos que participan nos Obradoiros da Memoria do Concello de Lousame celebraron esta fin de semana unha merenda de fin de curso no club de xubilados de Aldeagrande, na que estiveron acompañados pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo. Unha merenda na que non faltaron os biscoitos, as roscas, as galletas, as cereixas… así como viño da casa e refrescos.

Silvia Agrafojo felicitou a todas as persoas participantes nos obradoiros e instounas a que conviden aos seus amigos e amigas a participar nas distintas actividades que se organizan dende o Concello de Lousame para a terceira idade. O acto rematou coa entrega de diplomas conmemorativos.