Domingo 18 de Novembro de 2018

O Concello de Lousame convoca cursos de informática para nenos de 4 a 11 anos durante os meses de xullo e agosto


O Concello de Lousame convoca uns cursos de informática dirixidos a nenos e nenas de entre 4 e 11 anos, que terán lugar durante os meses de xullo e agosto. As clases terán lugar na aula de informática da Casa da Cultura todos os xoves, en horario de 10:30 a 12:00 horas. O prezo do curso é de 15 euros por mes. As inscricións poden formalizarse na propia Casa da Cultura de Lousame ou ben chamando ao teléfono 981 82 57 80.