Martes 02 de Marzo de 2021

Éxito de ‘O casting da Polaca’, obra teatral da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes


‘O cásting da Polaca’, obra teatral representada pola Asociación de Amas de Casa e Usuarios de Ordes e dirixida por Nekane Fernández, encheu esta fin de semana o auditorio da Casa da Cultura. Trátase dunha peza na que se escenifican as distintas probas que deben realizar varias actrices para a obtención dun papel no novo proxecto da directora coñecida como ‘A Polaca’. Un texto no que o humor e a diversión ocupan un lugar predominante. Tanto José Luis Martínez Sanjurjo como Ana Soneira, alcalde e concelleira de Deportes de Ordes, desfrutaron deste espectáculo.