Martes 20 de Novembro de 2018

IV Trofeo Concello de Ordes de grupos show de patinaxe


Terá lugar este sábado no pavillón Castelao I, de 9 a 14.30 e de 16 a 19 horas

Este vindeiro sábado, 7 de xullo, terá lugar a IV edición do Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show. Como de costume as probas desenvolveranse no pavillón Castelao I e a asistencia será de balde para todas aquelas persoas que desexen acudir. En total participarán arredor de 370 patinadores e patinadoras con idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos, pertencentes aos seguintes equipos: Xiramos, Oroso, Paiart-Coristanco, Boiro, Noia, Torres de Altamira, Axel-Arteixo, A Pobra, Ribeira, Brincadeira, Costa da Morte, Conxuro, Brión, Omega e Galia.

Ademais a cita terá un marcado carácter solidario porque a cada asistente se lle solicita a entrega voluntaria de alimentos non perecedoiros que serán doados a Cáritas Ordes.

Para esta nova edición a organización, co Club Patinaxe Galia á fronte apoiado pola área de Deportes do Concello de Ordes, conta coa colaboración das seguintes firmas comerciais ordenses: papelería Tres Lápices, bar Rei de Copas, pizzería Zentrum, cafetería e centro de ocio infantil Feitizo, autocares Rogelio, café bar Susa, arranxos de costura Lola, imprenta Alpi, arquitectura e urbanismo Leandro del Río, froitería Agarimo, hamburguesería A Bolera e café bar Castro.