Domingo 18 de Novembro de 2018

Brión inicia mañá mércores o ciclo “Noites de Cine” coa proxección do musical “La, la, land. La ciudad de las estrellas”


A Carballeira de Santa Minia acollerá mañá mércores 4 de xullo, ás 22:30 horas, a primeira proxección do ciclo “Noites de Cine”, organizado polo Concello de Brión en colaboración coa Deputación da Coruña. A película programada é “La, la land. La ciudad de las estrellas”, unha comedia musical romática dirixida por Damien Chazelle e protagonizada por Emma Stone e Ryan Gosling.

Trátase dun recente éxito de público e crítica, con 6 Óscar, 7 Globos de Ouro e 5 Premios BAFTA. Un filme autorizado para todos os públicos cuxa entrada será libre e de balde ata completar aforo. No caso de choiva, a proxección tería lugar no auditorio do centro social polivalente á mesma hora. A seguinte proxección será “Os Fenómenos”, que terá lugar o venres 6 de xullo.