Sábado 21 de Xullo de 2018

Retransmisión da ópera Lucia de Lammemoor dende o Teatro Real


Terá lugar este vindeiro sábado ás 21.30 horas na Casa da Cultura e a entrada será de balde para todas as persoas que desexen acudir

Coincidindo coa Semana da Ópera que se vén celebrando do 2 ao 8 de xullo, os veciños e veciñas de Ordes terán a oportunidade este vindeiro sábado, 7 de xullo, de desfrutar da obra Lucia de Lammermoor, de Gaetano Donizetti. A partir das 21.30 horas no auditorio da Casa da Cultura, e de balde, proxectarase esta peza dende o Teatro Real (Madrid) grazas ao patrocinio de Telefónica. Tamén se poderá contemplar a través de Facebook Live, Palco Digital e Opera Vision (plataforma de Opera Europa).

Lucia de Lammermoor conta cun reparto de grandes voces, encabezado pola soprano Lisette Oropesa e o tenor Javier Camarena. Narra a historia dunha moza orfa que vive un amor imposible acompañado de loitas e conflitos familiares, dolos, traizóns, tolemia e morte.