Sábado 21 de Xullo de 2018

Cambre organiza un campus multideportivo en agosto


Consta de 50 prazas e está destinado aos nenos nados entre 2006 e 2009. A solicitude deberá realizarse do mércores 4 de xullo ata o venres 20 de xullo ás 13.30 horas
O Concello de Cambre organiza un campus multideportivo do 6 ao 11 de agosto (de 9:30 a 19:30) no albergue da Merced en Santa Cruz, Oleiros. Consta de 50 prazas e está destinado aos nenos nados entre 2006 e 2009. A solicitude deberá realizarse do mércores 4 de xullo ata o venres 20 de xullo ás 13.30 horas.

Entre as actividades do campamento destacan: Acrosport, Xogos funcionais, Visita guiada ó Castelo de Santa Cruz, Rocódromo, Paddel Surf, Praia, Cano, Orientación, Salvamento deportivo Intermareal (coñecemento das mareas e do mar)

O prezo será de 45,10 € e inclúe: – manutención – equipo de monitores – materiais – actividades multideportivas – viaxe diario ata as sedes respectivas – seguros de RC de accidentes.
Inclúe transporte de ida y volta a Santa Cruz dende diferentes lugares do concello e una pequena merenda a media mañá, comida e merenda pola tarde.