Sábado 21 de Xullo de 2018

Charla informativa sobre as axudas ao alugamento englobadas no Plan Estatal de Vivenda 2018-21


Organizada polo CIM da Mancomunidade a cita terá lugar este vindeiro xoves de 13 a 14 horas na sala de conferencias situada nos baixos da alameda de Ordes

Co fin de informar sobre as bases reguladoras para as axudas ao alugamento de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, convocadas pola Consellería de Infraestrutura e Vivenda, O CIM da Mancomunidade de Municipios da comarca de Ordes ten organizada para o día de mañá a seguinte charla informativa:
Xornada: ‘Axudas ao alugamento de vivendas’.
Data: Xoves, 5 de xullo .
Hora: de 13 a 14 h.
Lugar: na Sala de Conferencias. Rúa L.Xoxardo, s/n, Ordes (baixos da Alameda de Ordes).

Aínda que a charla está dirixida ás persoas máis vulnerables poderá acudir calquera persoa que o desexe.