Sábado 21 de Xullo de 2018

Nenos e nenas de Touro, protagonistas da IV Xornada de Pesca Infantil 


Uns trinta nenos e nenas de Touro, de idades comprendidas entre os cinco e os doce anos, participaron o sábado na IV Xornada de Pesca Infantil, organizada polo Concello de Touro. A actividade, que se desenvolveu nunha mañán asollada ideal para a pesca no río, comenzou ás 11.00 horas na Área Recreativa da Santaia. Alí concentráronse perto de trinta nenos e nenas, e tamén algúns maiores, co obxectivo de coñecer o mundo da pesca de río e de pasar unha mañán en contacto coa natureza. Técnicos da Xunta explicaron ao inicio nunha breve charla as técnicas para a pesca da troita no río. Na noite anterior xa tiñan soltado no río Lañas arredor de 300 troitas autóctonas procedentes do centro ictiolóxico de Sobrado dos Monxes, que xestiona o Goberno galego. Os nenos e nenas pescaron exemplares de troita durante toda a mañán e o mellor foi a posibilidade de que nenos e maiores poideran participar nunha xornada ao aire libre. Foi unha mañán didáctica sobre natureza para o disfrute tamén dos maiores que alí estiveron.

Deja un comentario