Luns 24 de Setembro de 2018

‘Ponlle as pilas ao teu bocata’ no Summer Camp


Os nenos e nenas que asisten ao Summer Camp, as actividades de conciliación estival organizadas polo Concello de Ordes en colaboración coa Escola Contalento, tiveron unha xornada do máis saborosa grazas á campaña Ponlle as pilas ao teu bocata. Esta iniciativa desenvolvida pola Consellería do Mar ten como obxectivo a promoción dos produtos do mar, así como os seus beneficios. Xogos, interaccións e, por suposto, degustación de bocadillos confeccionados con sardiñas, luras, atún, mexillóns etc foron algunhas das actividades que hoxe se levaron a cabo.