Mércores 12 de Decembro de 2018

O Concello de Brión convoca unha excursión dos maiores a Roma


O Concello de Brión abriu  o prazo de inscrición na Excursión dos Maiores, que este ano terá como destino a cidade de Roma (Italia) do 5 ao 9 de novembro. Unha iniciativa aberta a veciños e veciñas de Brión maiores de 55 anos, que poderán ir acompañados polas súas parellas. As inscricións poderán formalizarse no teléfono 981 50 99 10 ou no centro social polivalente ata o vindeiro 1 de outubro.

O prezo da actividade é de 725 euros por persoa e inclúe: voos de ida e volta con Iberia (vía Madrid), traslados do aeroporto ao hotel, visitas guiadas e catro noites de estancia nun hotel de 3 estrelas no centro de Roma en réxime de pensión completa. Entre as visitas programadas inclúense a Roma Antiga (Coliseo, Foro romano, Panteón…), a Roma Barroca (Fontana di Trevi, Piazza Navona…), catacumbas de San Calixto, praza e basílica de San Pedro (xardíns do Vaticano e Capela Sixtina), visita nocturna ao barrio de Trastévere e unha panorámica de Roma.